About this product
Lacón salgado e curado de porco celta.
- Porcións de peso entre 320 e 520 gramos, envasadas ao vacío.
- Certificado 100% raza autóctona Porco Celta.
Lacón de porco celta 100%, salgado e curado de maneira artesanal, de gran calidade e sabor. É un produto obtido da peza enteira, sendo os cortes o máis homoxéneos posible.
Envíase envasado ao vacío, para garantizar a súa frescura e conservación. Probablemente a receita máis coñecida sexa a de lacón con grelos, pero tamén se adoita cociñar asado no forno ou cósese e sérvese en liscos cun pouco de pemento picante por encima. En calquera destas preparacións, este lacón de porco celta achegaralle un punto de sabor ao prato.
Este lacón é elaborado exclusivamente a partir de animais criados e cebados na explotación familiar de Embutidos Hermelino. Con máis de 80 anos de experiencia, Adrián Sixto é a cuarta xeación e apostou por seguir o modelo de cría tradicional do porco celta na provincia de Lugo.
In Sondelugo's own words. See it at Sondelugo